Música no Camiño Primitivo

content.published 2022-05-25

Programa 

O Gruppo vocale S. Bernardo foi fundado en 1995, tendo como finalidade primaria a animación musical para a liturxia. Giulio Mercati é o director da agrupación dende a súa fundación. En 1999, a formación comezou a realización de concertos, mantendo, porén, tamén nestas ocasións, a súa invitación á meditación e á oración a través da música. Co paso do tempo, o coro transformouse nun grupo de cámara que aborda con poucos elementos e a miúdo a partes reais, un repertorio moi extenso e complexo que se

estende dende os cantos ambrosianos ata á polifonía renacentista, dende a literatura do século xix, ao repertorio do xx. A formación gravou o seu primeiro disco en 2018 para Tactus, produción adicada integramente ás obras de Giulio Mercati. O Gruppo Vocale S. Bernardo presta servizo no Santuario della Beata Vergine dei Miracoli e na igrexa de S. Francesco, en Saronno, e na igrexa de S. Maria degli Angioli en Lugano, con concertos e liturxias. A súa actividade é intensa e prezada.

Programa Primer Concierto

Programa Segundo Concierto

Programa Tercer Concierto

Programa Cuarto Concierto

Programa Quinto Concierto